Thursday 16 de May de 2024

Comezan os talleres de pódcast no CEIP Eladia Mariño no marco do proxecto Onda ODS


Serán cinco sesións que nas que e inclúe unha visita ás instalacións de Radio Fene

Esta mañá o CEIP Eladia Mariño acolleu o primeiro dos obradoiros de pódcast incluídos no proxecto Onda ODS, impulsado por Radiofusión, e no que colabora o Concello de Cabanas. Serán un total de cinco sesións que rematarán o 8 de novembro cunha visita ás instalacións de Radio Fene.

O proxecto Onda ODS, no que participan máis de 300 medios locais de todo o Estado, arranca este mes de outubro os seus cursos de pódcast. Ademáis de entrevistas, vídeos e cápsulas informativas encamiñadas a sensibilizar á cidadanía e fomentar a reflexión na audiencia arredor dos obxectivos recollidos pola ONU na Axenda 2030, Onda ODS pon o foco na formación con cursos de 15 horas de duración.

As claves dunha correcta locución, a redacción, os diferentes textos radiofónicos, así como tamén o manexo das novas tecnoloxías para crear os seus propios pódcast, centrarán boa parte dos contidos que se abordarán neste obradoiro repartido durante cinco sesións de tres horas de duración cada unha.

Ademáis, as participantes neste ciclo de formación gravarán cinco pódcast que se poderán escoitar nas distintas canles de comunicación do proxecto Onda ODS e que serán emitidos por Radiofusión. As temáticas dos espazos porán en valor e darán visibilidade a iniciativas que, desde o local, loitan en favor do medio ambiente, o despoboamento do rural ou a desigualdade de xénero.